Bo día a todos e todas e benvidas ao meu blog sobre o Tema 5 da asignatura As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional. Hoxe imos facer unha reflexión sobre os contidos destas aulas alén das metodoloxías e exercicios que foron realizados. Nestas aulas o tema principal foi o currículo, do cal tratamos os seus compoñentes, e o Decreto 156/2022 alén do currículo das EOI. Anímovos a seguir lendo para descubrir as marabillas destes documentos!
Na primeira sesión (6/11/2023) fixemos unha actividade piramidal na que había que participar coas compañeiras para conseguir a definición e os elementos do currículo. Esta actividade recibe o seu nome na súa estructura xa que a clase se tivo que dividir en varios grupos para convertise, finalmente, nun grupo só. Comezou coa posta en común en parellas, no que logo se convirteu en grupos de 4 persoas, a continuación de 8 e, para finalizar, os dous grupos finais compartiron as súas ideas para chegar a un consenso e proporcionarlle ao docente unha soa versión.
Esta actividade pareceume moi interesante xa que consigue que todas as discentes participen ao largo da actividade alén de ter a posibilidade de ver os puntos de vista doutros grupos. Foi unha maneira dinámica para recordar os contidos que foron dados noutras materias e para concretar a definición e elementos que constituen o currículo. Este tipo de actividade podese implementar fácilmente nunha clase de idiomas a través de realizar postas en común con calquera tema que sexa dado na aula, polo tanto pareceume útil tanto como alumna e como futura docente.
Sen embargo, o tempo dado para realizar a actividade resultoume escaso e tería apreciado máis tempo para facer a posta en común. Outra actividade que foi feita nesta sesión foi a través de Wooclap, onde tivemos que facer exercicios para repasar contidos relacionados co currículo e co Decreto 156/2022, que foron dados en materias anteriores. Finalmente, fixemos unha reflexión conxunta sobre o aprendido nesa sesión para consolidar os coñecementos, o cal me pareceu importante para traballar a metacognición.
Na segunda sesión, que tivo lugar o día 13/11, o docente explicou algúns contidos relacionados coa sesión anterior e o resto do tempo foi dedicado a que as alumnas fixeramos unha actividade. Esta consistía en dividir ás discentes en minigrupos co obxectivo de facer unha síntese de información para, a continuación facer unha presentación a cal sería exposta na próxima sesión (20/11). Os temas dos minigrupos eran variados pero, todos eran sobre o currículo de ESO, Bacharelato e FP e o meu minigrupo (1) estivo traballando sobre As linguas estranxeiras na organización e o currículo da ESO.
Nesta primeira sesión hai varios aspectos a destacar, comezando polo feito de que o docente foi corrixindo de maneira síncrona os resumos que facía cada grupo. Esta dinámica de traballo pareceume moi interesante xa que así evitas traballar contidos que poden ser irrelevantes para o docente ou que poden non estar totalmente relacionados co tema a tratar. Tamén me pareceu adecuado que o docente emplease o resto de horas da clase para poder traballar nas presentacións.
Na seguinte sesión fixemos as presentacións, onde cada grupo foi autoavaliado e coavaliado. As nosas avaliacións foron bastante positivas xa que tanto nós como o minigrupo 2 consideraron que o noso traballo foi máis que axeitado para o que pedía o docente.
Coavaliación do minigrupo 2:
Contido: A información exposta foi exhaustiva e precisa.
Estrutura: A presentación foi perfectamente organizada, clara e equilibrada.
Deseño: Moi visual e innovadora, permitía a atención completa dos ointes.
Fundamentación: Os referentes informativos están baseados en fontes legais e oficiais.
Valoración persoal e crítica: Un traballo moi ben distrbuido e cunha sinxela comprensión, fíxose ameno e foi moi conciso.
Exposición oral e eficacia expositiva: Exposición clara e acompasada co texto.
Este tipo de avaliacións pareceronme unha boa idea xa que podes ver o que opinan os compañeiros e compañeiras sobre o teu traballo. Tamén me pareceu moi interesante que non houbese que poñer unha nota específica (do 1 ao 5) senon que podíamos coavaliar aos compañeiros e compañeiras coas nosas palabras. Esto causa que as coavaliacións non poñan máis presión no alumnado que presenta, causando que se faga un mellor traballo debido ao ambiente máis informal da aula. Sen embargo pareceme que esta mecánica fai que o ritmo da clase se faga máis pesado e non se avancen nas presentacións.
Nos últimos minutos desta sesión fixemos unha posta en común sobre o deseño curricular e a organización das ensinanzas de idiomas de réxime especial que se imparten nas escolas oficiais de idiomas. Cada alumna tivo que consultar unha parte específica do currículo das EOI, na que extraeu a información que considerou máis relevante. De seguido, fixemos unha síntese e traslado desa información a calquera tipo de soporte gráfico para posteriormente colalo nun documento para facer a posta en común de todas as partes e finalmente ter unha visión global dos aspectos clave deste currículo.
Para finalizar, cabe decir que ao longo destas tres sesións traballamos varias competencias, como a competencia en comunicación lingüística, a plurilingüe, a dixital e a personal, social e de aprender a aprender. Finalmente tamén traballamos a metacognición a través do repaso dos contidos que trataramos na primeira clase, e sendo conscientes de por que faciamos eses exercicios.
Esto é todo hasta hoxe, esperovos na próxima entrada!