Benvidas e benvidos a esta última entrada da asignatura de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras. Nesta entrada vouvos falar sobre o feito durante o Tema 11: Avaliación na aula das linguas estranxeiras, o cal tivo lugar nos días 7/02/2024 e 15/02/2024.
Na primeira sesión estivemos traballando as rúbricas. Específicamente estivemos creando ditas rúbricas para unha actividade que foi feita para o Tema 3.
Para comezar, o maior reto para nós en canto a esta actividade foi elixir os catro criterios básicos aos que lle ibamos poñer os grados posteriormente. Esto é debido a que a nosa actividade constaba de varios exercicios e foi un pouco difícil intentar facer criterios cos que avaliar todos ao mesmo tempo. Polo tanto, finalmente decidimos poñer simplemente tres criterios, e cada un está baseado nunha parte da actividade. Outra dificultade que encontramos foi a de non avaliar cousas subxectivas, como poden ser a comprensión ou a seguridade na que o alumno se expresa. Sen dúbida este exercicio para min foi bastante interesante xa que penso que comprendin a grandes rasgos o que consiste en facer unha rúbrica que sexa correcta e, sobre todo, evaluable.
Na seguinte sesión estiven ausente, polo que non puiden participar nas postas en común ou nos traballos en grupo. O que vos vou contar está baseado na presentación do Tema 11 e no que me comentaron as miñas compañeiras.
Para comezar, fixeron unha posta en común sobre decisións que pode tomar a docente segundo a información que ten sobre a avaliación do alumnado. Alén diso, estiveron falando das vantaxes e desvantaxes de dar feedback ao alumnado: notas numéricas, comentarios escritos, descriptores de competencia e listas de control, informes de progreso e reunións…
De seguido, estiveron falando sobre o experimento de Ruth Butler, o cal me pareceu moi interesnte. Este experimento foi feito con tres grupos de alumnos. No primeiro grupo (A) só de lle deu como feedback unha nota numérica, no grupo B proporcionouselles notas numéricas e comentarios e no grupo C, só de lles proporcionaron comentarios. Os resultados confirman que o grupo que máis avanzou e que mellor rendemento tivo en traballos e exames posteriores foi o último. Este experimento mostra perfectamente cal é o mellor tipo de feedback para que o alumnado poida progresar sen quedarse estancado nunha simple nota. Penso que se pode aplicar perfectamente a unha aula de ESO ou Bacharelato onde os estudantes son máis novos e máis susceptibles a centrarse no número en vez de intentar mellorar os erros.
Deixovos aquí unha páxina web onde podedes ver os distintos tipos de rúbrica, como facelas e e-rúbricas como rubistar e evalCOMIX que podemos usar nun futuro como docentes.
Despois fixeron un exercicio de verdadeiro ou falso baseado nun vídeo de Dylan William. Este vídeo pareceume do máis interesante xa que tocou os temas do feedback ego-involving e task-involving. O seu estudo confirma que o feedback ego-involving non é efectivo e, nalgún caso, pode dar resultados negativos nos discentes debido a que e vez de centrarse na tarefa, este cetrase no alumno ou alumna a través de notas numéricas, que fan que os discentes se comparen entre si. Cando o feedback se centra no que os e as estudantes necesitan para mellorar é cando estes teñen unha aprendizaxe máis profunda. Chamoume especial atención a oración Good feedback causes thinking, xa que esto é o que todos e todas as docentes deberían aspirar a conseguir: que os seus alumnos/as pensen e razonen en vez de memorizar un material e escribilo nun papel con preguntas para posteriormente olvidarse do aprendido. Penso que este vídeo me axudou bastante a entender como poder avaliar aos alumnos e alumnas dunha maneira xusta e na que poidan sacar cousas positivas e cousas a mellorar.
Seguidamente, comentaron as vantaxes e desvantaxes da autoavaliación e coavaliacion. Na miña opinión a autavaliación funciona ben en certos casos xa que o alumno ou aluna sabe en que punto está da súa aprendizaxe, mais non pode ser o único tipo de avaliación xa que esto require ser obxectivo cun mesmo e é complicado xa que pode haber unha falta de autocrítica. En canto á coavaliación hai que ter moi en conta a dinámica do grupo, xa que pode haber grupos que exclúan a algunhas persoas por falta da súa integración. Alén diso, o alumnado pode non decir a verdade por medo de ferir os sentimientos dos seus compañeiros ou por causa de non querer crear situacións incómodas no grupo. Pero, opino que se se ensina ao alumnado a avaliar e coavaliar de forma xusta, estes métodos poderían causar bos resultados, como comentan no vídeo sobre un centro en Nova Iork no que o modelo de avaliación son a coavaliación e a autoavaliación.
Este método de traballo é moi interesante e útil para o alumnado deste centro xa que non só consiguen ter unha aprendizaxe máis profunda sinon que tamén poden ser autocríticos consigo mesmos e co resto de alumnos ademais de que aprenden a tomar decisións por eles solos. Alén, traballar cun igual beneficia ao alumnado, o cal se sinte máis libre para expresar os seus medos e as cousas que pensan que poden funcionar para este traballo segun a Ladder of Feedback.
A continuación fixeron en grupos ou parellas un ranking das vantaxes e desvantaxes da avaliación formativa e pediuselles que engadiran unha máis. Para engadir a este ranking, podería dicir que esta avaliación axuda a desenvolver o pensamento crítico do alumnado, xa que os invita a reflexionar sobre a súa aprendizaxe. Aquí vos deixo o que eu opino sobre a avaliación formativa:
Non interfire coas clases 7
Non se necesitan días adicionais para exames 6
As actividades do día a día (roleplays, expresións escritas, discusións…) son a base da avaliación 1
É un reflexo real do que se fai en clase 2
O profesorado recibe información sobre os puntos forte e débiles do alumnado de forma múltiple e a través de actividades auténticas 4
Pode mostrar o progreso do alumnado a través das mostras e documentación recollida 5
Pode dar información máis aló da académica sobre o alumnado 3
Finalmente, fixeron o deseño dunha avaliación formativa, a cal me gustaría poder ter feito na aula co resto das compañeiras xa que me parece unha actividade tan interesante como importante para calquera persoa que se plantee exercer como docente nun futuro.
Ata aquí esta última entrada para a asignatura de Didáctica da Ensinanza de Linguas Estranxeiras. Moitas grazas por lerme unha última vez!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario