Na primeira sesión con Carla no tema 1 mencionouse a ansiedade idiomática, a cal me pareceu interesante xa que penso que afecta a moitas estudantes de linguas estranxeiras. Como futura docente pareceume importante coñecer por que pasa esto e que medidas se pode adoptar para conseguir disminuír esta ansiedade, xa que este factor influe bastante no éxito que pode ter o alumnado no proceso de aprendizaxe dunha lingua estranxeira. Este concepto, definido por Horwitz, Horwitz, e Cope en 1986 por primeira vez, foi o tema principal de moitos estudos posteriores, incluídos un centrado na ansiedade idiomática no contexto universitario español en 2012, no cal nos imos centrar hoxe máis.
Hasta 1978 resultou que os estudos sobre este tema eran inconclusos devido a varios factores: a ansiedade na clase era un tema que estaba teóricamente sen estudar e, nos casos nos que se estudaba, facíase a través de estudantes que xa tiñan ansiedade previamente. Estes estudo non son válidos xa que a ansiedade xerada por unha lingua estranxeira non é unha ansiedade xeral que afecta simplemente á aprendizaxe dentro da aula, senon que é unha ansiedade moi particular debido a que é unha das disciplinas que require máis expresión e percepción dun mesmo (Ortega, 2021). Outro factor era a falta de instrumentos psicométricos válidos e fiábles. Por tanto, hasta finais dos 80’s non se fixeron estudos con reusltados concluíntes nos que se demostrou que esta ansiedade idiomática aparece cando xa se tiveron malas experiencias previas de aprendizaxe.
Outros estudos, como o de Eysenk e Gutierrez Calvo demostraron que estudantes con moita ansiedade xeralizada son capaces de ter resultados tan bos como aqueles alumnos con baixos ou nulos niveis de ansiedade. Horwitz, Horwitz, e Cope (1991) explican mediante a súa teoría que a ansiedade idiomática pode estar causada por tres factores: o medo a unha mala calificación, aprehensión comunicativa e ansiedade por exames. Tamén explican que os estudantes con este tipo de ansiedade teñen máis dificulatades para lembrar o vocabulario e coas tarefas de escoita e fala, ao que se lle suma o rechazo a falar en público se saben que van a ser avaliados.
Os participantes deste estudo foron 120 mulleres e 96 homes cuxas idades variaban entre 18 a 39. Variaban tamén en estar matriculados en diferentes grados. As persoas participantes empezaran os seus estudos de inglés aos 8 anos, facendo que estudasen este idioma por 13 anos académicos, o que rondan un total de 1,044h de estudo neste idioma. O instrumento usado para a realización deste estudo foi a FLCAS, a cal consiste en 33 items (nunha escala Likert do 1 ao 5), 20 dos cales consisten en habilidades de escoita e fala e o resto centranse en ansiedade idiomática en xeral. Os investigadores comunicaronlle ao estudantado que pensasen en experiencias coa aprendizaxe do inglés previas á universidade.
Estas son as preguntas FLCAS que foron dadas aos participantes:
Os resultados foron os seguintes:
En vista a estes resultados, pódese apreciar unha clara diferenza de xénero en 18 dos 33 items, inclinándose un maior nivel de ansiedade para as mulleres comparado cos homes. Tamén se pode concluír que as mulleres teñen un nivel máis alto de ansiedade en termos de aprehensión comunicativa e ansiedade por avaliación. Asemade, mostrouse que hai uha asociación negativa entre idade e os factores de ansiedade por avaliación e aprehensión comunicativa. Entre máis novos os estudantes, máis niveis de ansiedade presentan, xa que se sinten máis incómodos falando inglés. Tamén se mostrou que a variable de nivel de idioma xoga un papel importante xa que a menor control idiomático, máis aumenta o nivel de ansiedade. Finalmente, todos os participantes mostraron un nivel de ansiedade de moderado a alto. Altos niveis de ansiedade están relacionados cunha peor nota global, aínda que non é posible saber si máis nivel de ansiedade equivale a menos nota ou se, polo contrario, menos nivel de ansiedade significa acadar unha nota máis alta, aínda que obter un menor nivel de ansiedade melloraría a súa autoestima, posiblemente mellorando a nota. Para concluir os resultados do estudo, as persoas cos niveis de ansiedade máis altos son mulleres máis novas que conseguen notas máis baixas.
Este estudo pareceume moi interesante xa que mostra un factor moi importante para a aprendizaxe de linguas estranxeiras: a ansiedade. Este factor, que varía según a persoa, ten moita relevancia na vida estudiantil de cada alumno e debe ser cuidadosamente estudado para poder entender os factores que afectan á nota xeral dos estudiantes de inglés de España.
É de extrema importancia axudar aos estudantes para que consigan reducir o seu nivel de ansiedade en calqueira materia para que poidan conseguir mellores resultados e ter unha aprendizaxe máis profunda. Para conseguir esto, hai que crear un ambiente seguro na aula desde o primeiro día, o cal debería favorecer que os estudantes participen e non teñan medo de equivocarse nin de ser avaliados, xa que son pasos moi importantes para a aprendizaxe. Todo esto debe ser tido en conta tomando especial atención ás variables de xénero e idade, xa que este estudo conclúe que as mulleres novas son as que máis sofren ansiedade nas aulas.
Espero que esta entrada vos fixera reflexionar tanto como a min e que poidades ser conscientes do papel tan importante que xoga a saúde mental xa non na aprendizaxe de idiomas en específico, se non que no ensino en xeral, tanto desde primaria ata estudos universitarios.
Vémonos na próxima!
¡Ola, Fátima!
ResponderEliminarGustoume moito a túa entrada de blog sobre a ansiedade idiomática. Paréceme un tema que como docentes de linguas estranxeiras deberíamos ter todos moi presente, sobre todo porque o rol do docente inflúe en gran maneira á forma na que os estudantes responden á materia. Eu lémbrome de que durante os últimos cursos de primaria tivera unha profesora de inglés que era moi esixente e que tendía a enfadarse e a, moitas veces, elevar o tono de voz cos estudantes que non sabían as respostas ou que se equivocaban. Aínda hoxe, a miña nai segue recordándome coma un día ao chegar á casa despois dunha das súas clases de inglés afirmei, sen lugar a dúbidas, que eu non valía para aprender inglés, e a día de hoxe son graduada en lingua e literatura inglesas. Sen embargo, nese momento eu estaba totalmente convencida de que o inglés non era o meu, porque me pasaba todas as clases tan chea de ansiedade e preocupada de que me preguntaran e non soubera responder e de equivocarme que non era capaz de prestar suficiente atención aos novos contidos que estabamos dando como para interiorizalos. Tamén penso que isto está ligado á estigamatización do erro no sistema educativo do que falo un pouco no miña entrada de blog do tema catro, por se queres botarlle unha ollada. De todas formas, o que viña a dicir con isto, é que a creación dun ambiente de aula positivo por parte do docente é esencial para axudar a os alumnos a sentirse más cómodos en confiados en si mesmos para facilitar o seu proceso de aprendizaxe dunha lingua estranxeira, o cal xa é de por si complicado porque sitúa ao alumnado fóra da súa zona de confort tendo que aprender a navegar un sistema lingüístico distinto ao seu á vez que están sendo avaliados sobre o seu progreso.