Na terceira sesión con Carla Bouzada na asignatura de “As linguas estranxeiras no Contexto Nacional e Internacional” falamos sobre os niveis de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias onde se mencionaron varios documentos importantes como a LOMLOE, a LOMCE e o MCER. Específicamente quero falar hoxe sobre un termo que chamou a miña atención en canto o vin: a “interlingua”, que se atopa na sección 6.5 do Marco común europeo de referencia. Según este documento, a interlingua é a principal causante dos erros dos alumnos e alumnas dunha lingua estranxeira. Sen embargo, este termo non está suficientemente explicado no MCER, o que me levou a decidir facer esta entrada sobre a interlingua e como afecta ao estudantado de linguas.
Este termo foi usado por primeira vez por Selinker en 1969, pero foi anos despois, no artigo titulado “Traducción” no que explica que a interlingua é un sistema de linguaxe única para alumnos dunha segunda lingua, que se atopa nun estado intermedio entre a lingua nativa e a lingua meta. Nas palabras de Selinker, a interlingua é “un sistema lingüístico separado sobre cuya existencia podemos hacer hipótesis en el output de un alumno al intentar producir la norma de la lenguameta”. (Li, S., 2020). Selinker establece tamén cinco procesos polos cales se pode chegar á interlingua. O primeiro proceso é por transferencia lingüística, é dicir, o uso ou a estructura da lingua materna afecta de forma directa, causando a interlingua. O segundo basease na xeneralización das reglas da lingua meta, pola cal o alumno ou alumna adopta diferentes estratexias cognitivas, metacognitivas, de comunicación e moitas outras máis da lingua meta e úsaas de xeito xeral.
De seguido temos o terceiro proceso, que recibe o nome de transferencia da aprendizaxe, a cal se refire ao uso de expresións indirectas que foron adoptadas polos alumnos para acadar unha comunicación efectiva por causa do seu limitado coñecemento do idioma estranxeiro, facendo que se usen patróns fixos de oracións ou que se eviten certos temas ou algunhas palabras difíciles. Para continuar, temos as estratexias de aprendizaxe da L2, que se basea en que os métodos de esinanza e as propias institucións de formación propician a interlingua debido ao sistema implantado. Para finalizar, o quinto e último proceso recibe o nome de estratexias na comunicación da L2. Este proceso pódese exemplificar da seguinte maneira: se os alumnos e alumnas saben que a gran maioría dos sustantivos en inglés forman o seu plural mediante a adición do “s” no fin da palabra, van a asumir que todos se forman da mesma maneira, obviando casos se sustantivos especiais. Mediante estes procesos, o/a falante da L2 crea unha lingua propia pola que adapta moitos dos conceptos da lingua meta, o que fai que se simplifique o proceso de aprendizaxe.
As tres características fundamentais da interlingua son a permeabilidade, o dinamismo e o sistematismo. É permeable xa que a interlingua dunha persoa ten normas que non están fixadas, xa que poden variar co tempo e co uso da lingua a aprender, o cal está relacionado co dinamismo. Este refirese a que según os alumnos e as alumnas vaian tendo e adquirindo novos coñecementos sobre a lingua meta, a estructura da interlingua tamén irá cambiando de xeito constante. A interlingua vai variando de forma paralela segundo o progreso e as necesidades de comunicación dos alumnos e alumnas, achegandose cada ves máis ao idioma meta e alonxándose do idioma materno. Finalmente, o sistematismo fai fincapé no feito de que a interlingua ten propiedades de linguaxe sistemáticas, o que quere dicir que a interlingua ten as súas propias regras, como a entoación, pronunciación, pragmática etc. A interlingua é un sistema de linguaxe diferente tanto da lingua materna como da lingua meta: é un sistema de linguaxe independente. Polo tanto, non se pode considerar soamente como unha mistura de idiomas. A seguinte imaxe representa a independencia da interlingua co resto de linguas.
Como foi dito anteriormente, a interlingua está nun constante proceso de evolución e cambio, sen embargo, non nos referimos a unha soa interlingua, senon a varias interlinguas diferentes que van variando según o/a discente vaia progresando.
Como vos podedes imaxinar, a interlingua require un certo grado de tolerancia por parte do corpo docente, os cales non deberían facer grandes penalizacións nos erros que se poidan cometer, fomentando a aceptación de erros como base fundamental da aprendizaxe tanto de idiomas como de calquera área na vida. En definitiva, a interlingua é unha teoría que se pode aplicar a todos os niveis de aprendizaxe dunha lingua estranxeira, xa que esta vai variando e tomando forma de xeito paralelo á formación dos alumnos e alumnas. Pareceme crucial ter en conta a súa existencia como futuros docentes de linguas estranxeiras xa que nos podemos beneficiar e podemos aplicar as características e procesos desta teoría nas nosas aulas, favorecendo sempre tanto ao docente como aos discentes.
Ata aquí chega o blog de hoxe, espero que vos servira de axuda e vos esclarecera algunhas dúbidas que tiverades. Lemonos na próxima!!
Li, S. (2020). Estudio sobre el análisis de errores de la interlengua en la escritura del inglés comercial [Review of Estudio sobre el análisis de errores de la interlengua en la escritura del inglés comercial]. Ruinet.upv.es; Universitat Politècnica de València . https://riunet.upv.es/bitstream/handle/10251/149340/Li%20-%20Estudio%20sobre%20el%20an%C3%A1lisis%20de%20errores%20de%20la%20interlengua%20en%20la%20escritura%20del%20ingl%C3%A9s%20comercial.pdf?sequence=1
Centro Virtual Cervantes, (2002). Marco común europeo de referencia para las lenguas: aprendizaje, enseñanza, evaluación. https://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/marco/default.htm
Ola Fátima,
ResponderEliminarParéceme moi interesante que poñas este tema sobre a mesa. Creo que a interlingua é algo que debería ter máis visibilidade no ensino de linguas, dado que semella unha etapa pola que ineludiblemente todos os estudantes dunha segunda lingua pasamos. Considero que darlle espazo a este concepto ao falar de linguas estranxeiras é esencial para aceptar o erro como parte do proceso de aprendizaxe, como ti comentas. Se as miñas equivocacións como alumna houbesen sido consideradas normais no seu momento en lugar de algo a corrixir, a miña aprendizaxe de linguas estranxeiras tería sido ben diferente. En lugar de xerar rechazo no alumnado, deberíamos permitirlles fallar para que desenvolvan interese noutros idiomas diferentes.
Un saúdo,
Noelia