mércores, 21 de febreiro de 2024

TEMA 11. A avaliación na aula de linguas estranxeiras

 Benvidas e benvidos a esta última entrada da asignatura de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras. Nesta entrada vouvos falar sobre o feito durante o Tema 11: Avaliación na aula das linguas estranxeiras, o cal tivo lugar nos días 7/02/2024 e 15/02/2024.


Na primeira sesión estivemos traballando as rúbricas. Específicamente estivemos creando ditas rúbricas para unha actividade que foi feita para o Tema 3. 



Para comezar, o maior reto para nós en canto a esta actividade foi elixir os catro criterios básicos aos que lle ibamos poñer os grados posteriormente. Esto é debido a que a nosa actividade constaba de varios exercicios e foi un pouco difícil intentar facer criterios cos que avaliar todos ao mesmo tempo. Polo tanto, finalmente decidimos poñer simplemente tres criterios, e cada un está baseado nunha parte da actividade. Outra dificultade que encontramos foi a de non avaliar cousas subxectivas, como poden ser a comprensión ou a seguridade na que o alumno se expresa. Sen dúbida este exercicio para min foi bastante interesante xa que penso que comprendin a grandes rasgos o que consiste en facer unha rúbrica que sexa correcta e, sobre todo, evaluable. 


Na seguinte sesión estiven ausente, polo que non puiden participar nas postas en común ou nos traballos en grupo. O que vos vou contar está baseado na presentación do Tema 11 e no que me comentaron as miñas compañeiras.


Para comezar, fixeron unha posta en común sobre decisións que pode tomar a docente segundo a información que ten sobre a avaliación do alumnado. Alén diso, estiveron falando das vantaxes e desvantaxes de dar feedback ao alumnado: notas numéricas, comentarios escritos, descriptores de competencia e listas de control, informes de progreso e reunións…


De seguido, estiveron falando sobre o experimento de Ruth Butler, o cal me pareceu moi interesnte. Este experimento foi feito con tres grupos de alumnos. No primeiro grupo (A) só de lle deu como feedback unha nota numérica, no grupo B proporcionouselles notas numéricas e comentarios e no grupo C, só de lles proporcionaron comentarios. Os resultados confirman que o grupo que máis avanzou e que mellor rendemento tivo en traballos e exames posteriores foi o último. Este experimento mostra perfectamente cal é o mellor tipo de feedback para que o alumnado poida progresar sen quedarse estancado nunha simple nota. Penso que se pode aplicar perfectamente a unha aula de ESO ou Bacharelato onde os estudantes son máis novos e máis susceptibles a centrarse no número en vez de intentar mellorar os erros.   


Deixovos aquí unha páxina web onde podedes ver os distintos tipos de rúbrica, como facelas e e-rúbricas como rubistar e evalCOMIX que podemos usar nun futuro como docentes.


Despois fixeron un exercicio de verdadeiro ou falso baseado nun vídeo de Dylan William. Este vídeo pareceume do máis interesante xa que tocou os temas do feedback ego-involving e task-involving. O seu estudo confirma que o feedback ego-involving non é efectivo e, nalgún caso, pode dar resultados negativos nos discentes debido a que e vez de centrarse na tarefa, este cetrase no alumno ou alumna a través de notas numéricas, que fan que os discentes se comparen entre si. Cando o feedback se centra no que os e as estudantes necesitan para mellorar é cando estes teñen unha aprendizaxe máis profunda. Chamoume especial atención a oración Good feedback causes thinking, xa que esto é o que todos e todas as docentes deberían aspirar a conseguir: que os seus alumnos/as pensen e razonen en vez de memorizar un material e escribilo nun papel con preguntas para posteriormente olvidarse do aprendido. Penso que este vídeo me axudou bastante a entender como poder avaliar aos alumnos e alumnas dunha maneira xusta e na que poidan sacar cousas positivas e cousas a mellorar. 


Seguidamente, comentaron as vantaxes e desvantaxes da autoavaliación e coavaliacion. Na miña opinión a autavaliación funciona ben en certos casos xa que o alumno ou aluna sabe en que punto está da súa aprendizaxe, mais non pode ser o único tipo de avaliación xa que esto require ser obxectivo cun mesmo e é complicado xa que pode haber unha falta de autocrítica. En canto á coavaliación hai que ter moi en conta a dinámica do grupo, xa que pode haber grupos que exclúan a algunhas persoas por falta da súa integración. Alén diso, o alumnado pode non decir a verdade por medo de ferir os sentimientos dos seus compañeiros ou por causa de non querer crear situacións incómodas no grupo. Pero, opino que se se ensina ao alumnado a avaliar e coavaliar de forma xusta, estes métodos poderían causar bos resultados, como comentan no vídeo sobre un centro en Nova Iork no que o modelo de avaliación son a coavaliación e a autoavaliación. 


Este método de traballo é moi interesante e útil para o alumnado deste centro xa que non só consiguen ter unha aprendizaxe máis profunda sinon que tamén poden ser autocríticos consigo mesmos e co resto de alumnos ademais de que aprenden a tomar decisións por eles solos. Alén, traballar cun igual beneficia ao alumnado, o cal se sinte máis libre para expresar os seus medos e as cousas que pensan que poden funcionar para este traballo segun a Ladder of Feedback. 


A continuación fixeron en grupos ou parellas un ranking das vantaxes e desvantaxes da avaliación formativa e pediuselles que engadiran unha máis. Para engadir a este ranking, podería dicir que esta avaliación axuda a desenvolver o pensamento crítico do alumnado, xa que os invita a reflexionar sobre a súa aprendizaxe. Aquí vos deixo o que eu opino sobre a avaliación formativa:


  • Non interfire coas clases 7

  • Non se necesitan días adicionais para exames 6

  • As actividades do día a día (roleplays, expresións escritas, discusións…) son a base da avaliación 1

  • É un reflexo real do que se fai en clase 2

  • O profesorado recibe información sobre os puntos forte e débiles do alumnado de forma múltiple e a través de actividades auténticas 4

  • Pode mostrar o progreso do alumnado a través das mostras e documentación recollida 5

  • Pode dar información máis aló da académica sobre o alumnado 3


Finalmente, fixeron o deseño dunha avaliación formativa, a cal me gustaría poder ter feito na aula co resto das compañeiras xa que me parece unha actividade tan interesante como importante para calquera persoa que se plantee exercer como docente nun futuro.


Ata aquí esta última entrada para a asignatura de Didáctica da Ensinanza de Linguas Estranxeiras. Moitas grazas por lerme unha última vez!!!


domingo, 11 de febreiro de 2024

Didáctica Tema 3: Estratexias de Comunicación

 Bos días a todas e benvidas a esta nova sección do blog, no que imos falar sobre o realizado nas clases durante o tema 3 que foi impartido por Cristina Rodríguez. 


Ao comezo da súa primeria sesión que tivo lugar o 8/01/2024 comenzamos a falar sobre a mediación, en concreto sobre a mediación no Real Decreto 1041/2017, no Companion Volume do MECR (2020) e no currículo de lingua estranxeira. De seguido fixemos un exercicio de preguntas, no que tiñamos que definir os seguintes termos: mediación, plurilingüismo, o enfoque orientado á acción e a co-construción do significado. Estas son as definicións que conseguimos despois de realizar unha choiva de ideas entre as integrantes do grupo.


A mediación?

  • Intervención comunicativa entre dúas partes para favorecer a comprensión entre elas.  


O plurilingüismo?

  • Manexo de máis de dúas linguas e dos procesos cognitivos que estas comprenden.


O enfoque orientado á acción?

  • Aplicación práctica dos coñecementos e habilidades. Abordaxe centrada na práctica


A co-construción do significado? 

  • Proceso de elaboración conxunta do significado dunha mensaxe ou concepto


Este exercicio estivo entretido, xa que a maioría de nós non tiñamos moita idea do que significaban estes termos e, polo tanto, sirveunos para comezar a aprender temario relacionado coa didáctica, o que é un bo comezo a esta asignatura. Chamoume especial atención o concepto de co-construcción do significado asique estiven investigando un pouco sobre este proceso de aprendizaxe . Deixovos aquí un enlace a unha breve explicación que conta cun esquema que me pareceu útil e interesante. https://www.proqualitas.cl/single-post/la-co-construcci%C3%B3n-en-tiempos-de-aprendizaje


De seguido, a docente explicou os tipos de mediación, no que explicou que hai mediación verbal inter e intra- lingüística. Unha vez explicado todo isto, pideu que nos separásemos en parellas ou trios e que falásemos sobre exemplos nos que tivesemos que facer ou que visemos a alguén facer unha mediación interlingüística ou intralingüística con relación á transmisión de datos, explicación de textos, resumo e explicación de textos e, finalmente, mediación cultural ou de conceptos. 


Este exercicio foi do meu agrado xa que poidemos participar e falar das nosas propias experiencias cara o resto da clase. Ademais, gustoume especialmente porque poidemos escoitar as experiencias dos compañeiros e compañeiras, o que sempre é unha boa oportunidade para coñecelos máis, ao mesmo tempo que aprendemos sobre os distintos tipos de mediación. Finalmente fixemos un exercicio de forma oral para practicar e acabar de asentar os diferentes conceptos sobre os tipos de mediación. Este exercicio consistía en clasificar uns exemplos que espuxo a docente segundo os tipos de mediación. Aínda que foi breve, este exercicio foi interesante para asegurar que controlabamos os coñecementos que foron explicados nesta sesión. 


Na segunda sesión con Cristina, que tivo lugar no día 6/02/2024 estivemos traballando en grupos nun exercicio de mediación. O meu grupo era o número 4 e estiven traballando con Noelia García Mouriño, Margaret Rivero Acevedo e Alba Rodríguez González. A actividade que construímos baséase no seguinte: un grupo de alumnos de Reino Unido veñen ao instituto español e, en parellas (español-inglés) teñen que explicar o contido dunha infografía sobre Cervantes e Shakespeare. Esta actividade ten unha duración de 2 sesións e está destinada a alumnos de 1º Bacharelato, no segundo trimestre. A persoa inglesa debe explicarlle á persoa española a infografía sobre o escritor inglés e a persoa española sobre o español. Cada alumno deberá, ademais, buscar algun “fun fact” sobre o escritor que ten que explicar. Todos os alumnos deben tomar nota do que lles conta a súa parella e sobre o “fun fact” para realizar unha presentación en cada grupo, a nivel grupo-aula sobre o autor contrario. A avaliación consistirá nunha coavaliación e autoavaliación sobre o traballo da súa parella o seu propio traballo coa mediación. Alén, a figura docente avaliará aos discentes na presentación. Todos estes tipos de avaliación faranse a partir dunha rúbrica previamente explicada pola figura docente. 


Despois do descanso, a docente empezou a explicar as actividades de comprensión e os tipos alén de como buscar textos, crear tarefas e poñelas en práctica. Finalmente, a docente estivo explicando a actividade de comprensión oral ou escrita que temos que realizar para o día 15/02/2024 e, despois dunha ronda de preguntas sobre varios temas relacionados con esta parte da asignatura dispuxémonos a comezar dita actividade. 


Na terceira e última sesión sobre o tema 3 que tivo lugar no día 7/02/2024, a docente explicou as actividades de expresión e interacción oral e escrita. Unha vez explicados os contidos, divideunos en grupos de tres e procedemos a facer un exercicio sobre como poñer en práctica as seguintes tarefas: escribir unha recensión, narrar unha experiencia e escribir un correo electrónico. O meu grupo tivo que facer un exercicio sobre como escribir un correo electrónico. A actividade que escollimos foi que o alumnado escriba un correo electrónico ao concello da cidade de Vigo para traer ao seu artista favorito ás festas de Castrelos, como parte do programa de Vigo en Festas. 


Ao terminar este exercicio, estivemos facendo unha choiva de ideas en grupo sobre feedback e corrección, onde tocamos os temas de “poñer notas”, “usar boli vermello”, “corrección de erros”, “cantidade de feedback”, “estructuras alternativas”. As conclusións ás que chegamos foron as seguintes: en canto ao feedback, a figura docente faría dúas columnas (fortalezas e debilidades) arriba, empregando bolígrafo verde. Tamén se daría un maior feedback ás persoas que a profesora considere que máis o precise. A corrección de erros sería sinalando as partes mellorables, con lenda sobre qué significa cada erro (suliñar, rodear…). Esta actividade sirveunos para debater e preguntarnos como sería a mellor maneira de avaliar aos alumnos.


Despois do descanso, a docente enviounos por correo varias páxinas web a diferentes persoas da clase. Tivemos que escoller un exercicio da páxina web que nos tocou e, en grupos de 4 ou 5 tivemos que explicar o exercicio que escollemos ao grupo. A páxina web que me tocou a min foi British Council e escollin a actividade 5 chamada “Write de dialogue”. Esta actividade foi interesante xa que descoñecía estas páxinas web para exercicios de aula, os cales sempre se poden reutilizar cando estemos drenados de creatividade. 


Esto é todo o que fixemos durante as tres sesións que comprendeu o tema 3. Vémonos na próxima e última entrada sobre o tema 11!


TEMA 11. A avaliación na aula de linguas estranxeiras

  Benvidas e benvidos a esta última entrada da asignatura de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras. Nesta entrada vouvos falar sob...