mércores, 21 de febreiro de 2024

TEMA 11. A avaliación na aula de linguas estranxeiras

 Benvidas e benvidos a esta última entrada da asignatura de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras. Nesta entrada vouvos falar sobre o feito durante o Tema 11: Avaliación na aula das linguas estranxeiras, o cal tivo lugar nos días 7/02/2024 e 15/02/2024.


Na primeira sesión estivemos traballando as rúbricas. Específicamente estivemos creando ditas rúbricas para unha actividade que foi feita para o Tema 3. 



Para comezar, o maior reto para nós en canto a esta actividade foi elixir os catro criterios básicos aos que lle ibamos poñer os grados posteriormente. Esto é debido a que a nosa actividade constaba de varios exercicios e foi un pouco difícil intentar facer criterios cos que avaliar todos ao mesmo tempo. Polo tanto, finalmente decidimos poñer simplemente tres criterios, e cada un está baseado nunha parte da actividade. Outra dificultade que encontramos foi a de non avaliar cousas subxectivas, como poden ser a comprensión ou a seguridade na que o alumno se expresa. Sen dúbida este exercicio para min foi bastante interesante xa que penso que comprendin a grandes rasgos o que consiste en facer unha rúbrica que sexa correcta e, sobre todo, evaluable. 


Na seguinte sesión estiven ausente, polo que non puiden participar nas postas en común ou nos traballos en grupo. O que vos vou contar está baseado na presentación do Tema 11 e no que me comentaron as miñas compañeiras.


Para comezar, fixeron unha posta en común sobre decisións que pode tomar a docente segundo a información que ten sobre a avaliación do alumnado. Alén diso, estiveron falando das vantaxes e desvantaxes de dar feedback ao alumnado: notas numéricas, comentarios escritos, descriptores de competencia e listas de control, informes de progreso e reunións…


De seguido, estiveron falando sobre o experimento de Ruth Butler, o cal me pareceu moi interesnte. Este experimento foi feito con tres grupos de alumnos. No primeiro grupo (A) só de lle deu como feedback unha nota numérica, no grupo B proporcionouselles notas numéricas e comentarios e no grupo C, só de lles proporcionaron comentarios. Os resultados confirman que o grupo que máis avanzou e que mellor rendemento tivo en traballos e exames posteriores foi o último. Este experimento mostra perfectamente cal é o mellor tipo de feedback para que o alumnado poida progresar sen quedarse estancado nunha simple nota. Penso que se pode aplicar perfectamente a unha aula de ESO ou Bacharelato onde os estudantes son máis novos e máis susceptibles a centrarse no número en vez de intentar mellorar os erros.   


Deixovos aquí unha páxina web onde podedes ver os distintos tipos de rúbrica, como facelas e e-rúbricas como rubistar e evalCOMIX que podemos usar nun futuro como docentes.


Despois fixeron un exercicio de verdadeiro ou falso baseado nun vídeo de Dylan William. Este vídeo pareceume do máis interesante xa que tocou os temas do feedback ego-involving e task-involving. O seu estudo confirma que o feedback ego-involving non é efectivo e, nalgún caso, pode dar resultados negativos nos discentes debido a que e vez de centrarse na tarefa, este cetrase no alumno ou alumna a través de notas numéricas, que fan que os discentes se comparen entre si. Cando o feedback se centra no que os e as estudantes necesitan para mellorar é cando estes teñen unha aprendizaxe máis profunda. Chamoume especial atención a oración Good feedback causes thinking, xa que esto é o que todos e todas as docentes deberían aspirar a conseguir: que os seus alumnos/as pensen e razonen en vez de memorizar un material e escribilo nun papel con preguntas para posteriormente olvidarse do aprendido. Penso que este vídeo me axudou bastante a entender como poder avaliar aos alumnos e alumnas dunha maneira xusta e na que poidan sacar cousas positivas e cousas a mellorar. 


Seguidamente, comentaron as vantaxes e desvantaxes da autoavaliación e coavaliacion. Na miña opinión a autavaliación funciona ben en certos casos xa que o alumno ou aluna sabe en que punto está da súa aprendizaxe, mais non pode ser o único tipo de avaliación xa que esto require ser obxectivo cun mesmo e é complicado xa que pode haber unha falta de autocrítica. En canto á coavaliación hai que ter moi en conta a dinámica do grupo, xa que pode haber grupos que exclúan a algunhas persoas por falta da súa integración. Alén diso, o alumnado pode non decir a verdade por medo de ferir os sentimientos dos seus compañeiros ou por causa de non querer crear situacións incómodas no grupo. Pero, opino que se se ensina ao alumnado a avaliar e coavaliar de forma xusta, estes métodos poderían causar bos resultados, como comentan no vídeo sobre un centro en Nova Iork no que o modelo de avaliación son a coavaliación e a autoavaliación. 


Este método de traballo é moi interesante e útil para o alumnado deste centro xa que non só consiguen ter unha aprendizaxe máis profunda sinon que tamén poden ser autocríticos consigo mesmos e co resto de alumnos ademais de que aprenden a tomar decisións por eles solos. Alén, traballar cun igual beneficia ao alumnado, o cal se sinte máis libre para expresar os seus medos e as cousas que pensan que poden funcionar para este traballo segun a Ladder of Feedback. 


A continuación fixeron en grupos ou parellas un ranking das vantaxes e desvantaxes da avaliación formativa e pediuselles que engadiran unha máis. Para engadir a este ranking, podería dicir que esta avaliación axuda a desenvolver o pensamento crítico do alumnado, xa que os invita a reflexionar sobre a súa aprendizaxe. Aquí vos deixo o que eu opino sobre a avaliación formativa:


  • Non interfire coas clases 7

  • Non se necesitan días adicionais para exames 6

  • As actividades do día a día (roleplays, expresións escritas, discusións…) son a base da avaliación 1

  • É un reflexo real do que se fai en clase 2

  • O profesorado recibe información sobre os puntos forte e débiles do alumnado de forma múltiple e a través de actividades auténticas 4

  • Pode mostrar o progreso do alumnado a través das mostras e documentación recollida 5

  • Pode dar información máis aló da académica sobre o alumnado 3


Finalmente, fixeron o deseño dunha avaliación formativa, a cal me gustaría poder ter feito na aula co resto das compañeiras xa que me parece unha actividade tan interesante como importante para calquera persoa que se plantee exercer como docente nun futuro.


Ata aquí esta última entrada para a asignatura de Didáctica da Ensinanza de Linguas Estranxeiras. Moitas grazas por lerme unha última vez!!!


domingo, 11 de febreiro de 2024

Didáctica Tema 3: Estratexias de Comunicación

 Bos días a todas e benvidas a esta nova sección do blog, no que imos falar sobre o realizado nas clases durante o tema 3 que foi impartido por Cristina Rodríguez. 


Ao comezo da súa primeria sesión que tivo lugar o 8/01/2024 comenzamos a falar sobre a mediación, en concreto sobre a mediación no Real Decreto 1041/2017, no Companion Volume do MECR (2020) e no currículo de lingua estranxeira. De seguido fixemos un exercicio de preguntas, no que tiñamos que definir os seguintes termos: mediación, plurilingüismo, o enfoque orientado á acción e a co-construción do significado. Estas son as definicións que conseguimos despois de realizar unha choiva de ideas entre as integrantes do grupo.


A mediación?

  • Intervención comunicativa entre dúas partes para favorecer a comprensión entre elas.  


O plurilingüismo?

  • Manexo de máis de dúas linguas e dos procesos cognitivos que estas comprenden.


O enfoque orientado á acción?

  • Aplicación práctica dos coñecementos e habilidades. Abordaxe centrada na práctica


A co-construción do significado? 

  • Proceso de elaboración conxunta do significado dunha mensaxe ou concepto


Este exercicio estivo entretido, xa que a maioría de nós non tiñamos moita idea do que significaban estes termos e, polo tanto, sirveunos para comezar a aprender temario relacionado coa didáctica, o que é un bo comezo a esta asignatura. Chamoume especial atención o concepto de co-construcción do significado asique estiven investigando un pouco sobre este proceso de aprendizaxe . Deixovos aquí un enlace a unha breve explicación que conta cun esquema que me pareceu útil e interesante. https://www.proqualitas.cl/single-post/la-co-construcci%C3%B3n-en-tiempos-de-aprendizaje


De seguido, a docente explicou os tipos de mediación, no que explicou que hai mediación verbal inter e intra- lingüística. Unha vez explicado todo isto, pideu que nos separásemos en parellas ou trios e que falásemos sobre exemplos nos que tivesemos que facer ou que visemos a alguén facer unha mediación interlingüística ou intralingüística con relación á transmisión de datos, explicación de textos, resumo e explicación de textos e, finalmente, mediación cultural ou de conceptos. 


Este exercicio foi do meu agrado xa que poidemos participar e falar das nosas propias experiencias cara o resto da clase. Ademais, gustoume especialmente porque poidemos escoitar as experiencias dos compañeiros e compañeiras, o que sempre é unha boa oportunidade para coñecelos máis, ao mesmo tempo que aprendemos sobre os distintos tipos de mediación. Finalmente fixemos un exercicio de forma oral para practicar e acabar de asentar os diferentes conceptos sobre os tipos de mediación. Este exercicio consistía en clasificar uns exemplos que espuxo a docente segundo os tipos de mediación. Aínda que foi breve, este exercicio foi interesante para asegurar que controlabamos os coñecementos que foron explicados nesta sesión. 


Na segunda sesión con Cristina, que tivo lugar no día 6/02/2024 estivemos traballando en grupos nun exercicio de mediación. O meu grupo era o número 4 e estiven traballando con Noelia García Mouriño, Margaret Rivero Acevedo e Alba Rodríguez González. A actividade que construímos baséase no seguinte: un grupo de alumnos de Reino Unido veñen ao instituto español e, en parellas (español-inglés) teñen que explicar o contido dunha infografía sobre Cervantes e Shakespeare. Esta actividade ten unha duración de 2 sesións e está destinada a alumnos de 1º Bacharelato, no segundo trimestre. A persoa inglesa debe explicarlle á persoa española a infografía sobre o escritor inglés e a persoa española sobre o español. Cada alumno deberá, ademais, buscar algun “fun fact” sobre o escritor que ten que explicar. Todos os alumnos deben tomar nota do que lles conta a súa parella e sobre o “fun fact” para realizar unha presentación en cada grupo, a nivel grupo-aula sobre o autor contrario. A avaliación consistirá nunha coavaliación e autoavaliación sobre o traballo da súa parella o seu propio traballo coa mediación. Alén, a figura docente avaliará aos discentes na presentación. Todos estes tipos de avaliación faranse a partir dunha rúbrica previamente explicada pola figura docente. 


Despois do descanso, a docente empezou a explicar as actividades de comprensión e os tipos alén de como buscar textos, crear tarefas e poñelas en práctica. Finalmente, a docente estivo explicando a actividade de comprensión oral ou escrita que temos que realizar para o día 15/02/2024 e, despois dunha ronda de preguntas sobre varios temas relacionados con esta parte da asignatura dispuxémonos a comezar dita actividade. 


Na terceira e última sesión sobre o tema 3 que tivo lugar no día 7/02/2024, a docente explicou as actividades de expresión e interacción oral e escrita. Unha vez explicados os contidos, divideunos en grupos de tres e procedemos a facer un exercicio sobre como poñer en práctica as seguintes tarefas: escribir unha recensión, narrar unha experiencia e escribir un correo electrónico. O meu grupo tivo que facer un exercicio sobre como escribir un correo electrónico. A actividade que escollimos foi que o alumnado escriba un correo electrónico ao concello da cidade de Vigo para traer ao seu artista favorito ás festas de Castrelos, como parte do programa de Vigo en Festas. 


Ao terminar este exercicio, estivemos facendo unha choiva de ideas en grupo sobre feedback e corrección, onde tocamos os temas de “poñer notas”, “usar boli vermello”, “corrección de erros”, “cantidade de feedback”, “estructuras alternativas”. As conclusións ás que chegamos foron as seguintes: en canto ao feedback, a figura docente faría dúas columnas (fortalezas e debilidades) arriba, empregando bolígrafo verde. Tamén se daría un maior feedback ás persoas que a profesora considere que máis o precise. A corrección de erros sería sinalando as partes mellorables, con lenda sobre qué significa cada erro (suliñar, rodear…). Esta actividade sirveunos para debater e preguntarnos como sería a mellor maneira de avaliar aos alumnos.


Despois do descanso, a docente enviounos por correo varias páxinas web a diferentes persoas da clase. Tivemos que escoller un exercicio da páxina web que nos tocou e, en grupos de 4 ou 5 tivemos que explicar o exercicio que escollemos ao grupo. A páxina web que me tocou a min foi British Council e escollin a actividade 5 chamada “Write de dialogue”. Esta actividade foi interesante xa que descoñecía estas páxinas web para exercicios de aula, os cales sempre se poden reutilizar cando estemos drenados de creatividade. 


Esto é todo o que fixemos durante as tres sesións que comprendeu o tema 3. Vémonos na próxima e última entrada sobre o tema 11!


luns, 8 de xaneiro de 2024

Didáctica: Tema 1. Situacións variábeis de ensino das linguas estranxeiras

 Boas de novo e benvidas a unha nova entrada deste blog! A partir de hoxe imos tratar temas un pouco máis diferentes dos que subía anteriormente xa que cambiamos de asignatura. Comenzamos coa materia de Didáctica da Ensinanza de Linguas Estranxeiras, que ocupará o noso horario ata o 21 de febreiro. Imos aló!


Na primeira sesión desta asignatura, a cal durou 2h, tivemos clase con Gonzalo. Debido a unha falta de organización por parte da UVigo, a aula que lle correspondía á docente Cristina estaba ocupada con outras alumnas, e, polo tanto, decidiron facer unha parte da clase conxunta cos dous grupos. Ao comezo, Gonzalo estivo explicando xunto con Cristina, a organización das súas partes da materia así como o temario e a avaliación. De seguido, procedeu a explicar os diagramas de Venn e repartir os folios para facer un diagrama por nós mesmas en grupos que nos elexisemos. Gustoume que nos deixase elexir as persoas do grupo, xa que a estas alturas do curso xa sabemos con que persoas traballamos mellor, o que falicitou o traballo. Eu traballei con Noelia García Mouriño, Margaret Acevedo Rivero e Alba Rodríguez González.


Decidimos organizarnos da seguinte maneira. Primeiro tivemos uns momentos para pensar de forma individual. De seguido, estivemos poñendo en común as nosas ideas e facendo unha choiva de ideas conxunta. Unha vez as ideas anotadas, estivemolas clasificando en tres categorías, que son “lingua materna”, “lingua estranxeira” e “ambas”, segundo o diagrama de “overlapping circles” que se atopa no documento subido no primeiro tema de moovi. Esto foi o que conseguimos facer entre catro persoas durante o tempo que se nos foi dado para a actividade:


Materna

  • Inferencia da gramática

  • Input natural

  • Paralela ao desenvolvemento da linguaxe

  • Inferencia da fonética

  • Carácter necesario e espontáneo


Ambas

  • Necesidade de escoita

  • Necesidade de repetición e imitación

  • Asimilación do vocabulario (por inferencia ou por adquisición)

  • Visualización do vocabulario

  • Adquisición da lectoescritura

  • Instrucción formal, distinta en cada caso 


Estranxeira

  • Adquisición da gramática

  • Input comprensible

  • Posterior ao desenvolvemento da linguaxe

  • Adquisición da fonética

  • Interlingua e interferencias

  • Actitude e motivación

  • Variedade de obxectivos 

  • Posibilidade de fosibilización



Unha vez todos os diagramas feitos, fixemos unha posta en común co resto da clase cas ideas de cada sección máis relevantes de cada grupo. Fomos grupo por grupo decindo dúas características de cada sección, para que cada grupo tivese a oportunidade de participar. Unha vez presentadas as nosas ideas, o docente propuxo facer uns cambios: modificar “Asimilación do vocabulario (por inferencia ou por adquisición)” por “Visualización do vocabulario” e engadir que a instrucción formal que foi posta na categoría de “ambas”, é distinta en cada caso. Estas modificacións están indicadas en negriña na lista anterior. O diagrama resultou da seguinte maneira: 



Esta actividade pareceume amena e interesante, sobretodo para a volta ás clases despois das vacacións do nadal, xa que non requería demasiada concentración pola parte do alumnado, o cal se agradece. Despois de compartir o exercicio, estivemos tendo un breve debate sobre a aprendizaxe e adquisición de varias cuestións como os números e as preposicións, sobre as cales o docente propuxo que era a categoría máis complicada para aprender nunha lingua estranxeira, entre outras cousas.


Na seguinte e última sesión, no día 18/01/2024 tratamos o tema das variábles na situación de ensino. Mentras que o docente non chegaba, estivemos facendo en grupos de 4 ou 5 persoas unha choiva de ideas sobre que factores individuais inflúen na aprendizaxe de segundas linguas. Despois de falalo durante uns minutos saíron as seguintes cuestións: a personalidade, o nivel socioeconómico, a percepción da lingua e do nivel do idioma de cada un, a exposición, a necesidade de aprendizaxe e a idade entre moitos outros. De seguido, o docente mostou un mapa conceptual no que se recollen todos os factores que inflúen na aprendizaxe dun idioma. 


A continuación o docente estivo explicando dito mapa conceptual e mencionou a Zoltan Dörnyei, un lingüísta británico que creou estratexias motivacionais e automotivadoras. Procedeu a explicar a adquisición de lingua(s) inicial e os diferentes termos que inclúe este termo paraugas. 


Procedimos a facer un Placemat en grupos. O meu grupo estivo composto por Margaret Rivero Acevedo, Alba Rodríguez González, Rosalía Martínez Rodríguez e Paula San Millán López. As preguntas que nos tocaron foron: “Un grupo de erasmus de 5 países europeos diferentes saen de festa e teñen que decidir o local onde van ir tomar a primeira copa. Que lingua van usar?” e “Nunha feira de tecnoloxía dixital reúnense comerciais de 6 compañías de Francia, Bélxica, Costa de Marfil e España. En que lingua falarán entre si?”. 


O consenso ao que chegamos foi que, na primeira situación, os falantes escollerán o idioma inglés, xa que é o idioma máis coñecido entre as persoas desa idade e debido a que os participantes son de diferentes países e, seguramente falen diferentes idiomas e usen o inglés como lingua franca. Na segunda pregunta, dubidamos se os falantes escollerían o inglés debido ao contexto tecnolóxico dixital, mais concluímos que os participantes falarían en francés, xa que a maioría dos falantes serían de países francófonos. Cando correximos o exercicio, o docente concluíu que na segunda pregunta, dependería moito dos falantes belgas e da Costa de Marfil, xa que nestes países falanse varios idiomas. Sen embargo, o docente conclúe que o idioma de uso sería o inglés. O noso Placemap foi o seguinte: 




Cando volvimos do descanso estivemos facendo, de forma individual un exercicio sobre o repertorio lingüístico. Aquí podedes ver o meu traballo:



A partir desto, fixemos unha actividade piramidal, no que nos xuntamos por parellas, en grupos de catro, de oito e, finalmente, toda a clase. Sen embargo, eu non puiden realizar a actividade en parella xa que me levou bastante tempo facer o meu repertorio lingüístico e, polo tanto, paseo directamente ao grupo de catro despois de rematar a miña parte individual.Aquí vos deixo o que fixemos no resto da actividade piramidal, menos o que fixemos a nivel grupo-aula xa que eso podedelo consultar na plataforma de Moovi. 


Moitas gracias por lerme un día máis e hasta a próxima!!


Reunión ex-alumnado e presentacións Carla

 Bos días a todos e todas e feliz ano novo! Espero que poiderades disfrutar do tempo de relax coa familia, amigos e amigas para recargar pilas e continuar con este mestrado con normalidade.  


Na sesión do día 13/12/2023, a docente Carla trouxo a varias exalumnas e compañeiras súas que realizaran o mestrado de profesorado tanto na UVigo como en outras universidades. Estas charlas foron moi interesantes xa que poidemos ver as diferentes saídas que ten este mestrado alén de coñecer da propia man das personas que falaron, a súa experiencia nas oposicións e na súa preparación.


A persoa que máis me chamou a antención foi Tania, xa que consigueu sacar plaza nas oposicións na primeira vez que se presentou, algo que non é moi común entre as persoas que se presentan. Sen embargo, o que máis me chamou a atención foi que mencionara as prácticas restaurativas que implementa ela na aula. Estas prácticas restaurativas tamén son implementadas pola miña titora de prácticas, polo cal me pareceu interesante indagar un pouco neste tema. Imos aló!


A filosofía restauratuiva basease en que a convivencia pode ser mellorada se as persoas se sinten parte dun grupo ou comunidade alén de que poden participar nos asuntos que lles preocupan. O concepto das Prácticas Restaurativas xorde na xustiza restaurativa, pola que se intenta reparar o dano das personas e restablecer as relacións que foron afectadas ao cometer o delito, o que está bastante oposto ao sistema actual no que se castiga ás persoas que infrinxen a lei.  As prácticas restaurativas proporcionan métodos de diálogo que serven para prever os conflictos e mellorar o ambiente xeral da aula ao mesmo tempo que se tratan necesidades que os alumnos necesitan suplir, garantindo ao mesmo tempo o respecto dos dereitos das persoas. Este tipo de prácticas baseadas no diálogo axudan non solo a resolver e previr conflictos, senon que tamén a reforzar conexións entre persoas e en toda a comunidade tanto educativa como familiar e profesional. 


Este enfoque desenvolve capacidades, valores e comportamentos como o respeto, a responsabilidade e a cooperación, o que causa que se poida axudar aos estudantes a reparar danos que foron causados por outras persoas ou pola sociedade alén de restablecer as relacións entre eles/elas. Un uso regular das Prácticas Restaurativas por parte das personas, docentes e instituacións pode contribuír ao desenvolvemento de comunidades máis sanas e seguras. 


As Prácticas Restaurativas son varias e oscilan dependendo da cantidade de persoas e o que se pretenda conseguir (entre outras cousas) e oscilan entre a informalidade e a formalidade. As declaracións afectivas (que podedes encontrar á esquerda nesta táboa) comunican os sentimentos das persoas. O mesmo ocorre cas preguntas afectivas, que permiten ás persoas reflexionar sobre o seu comportamento e como este afecta aos outros. As reunións espontáneas e os grupos e círculos necesitan un pouco máis de preparación, o que contrasta coa reunión formal, que necesita un maior grado de preparación, debido a que canto máis formais sexan as Prácticas Restaurativas, vaise necesitar unha maior preparación, maior cantidade de persoas, maior estructura e máis tempo de acción.

 



En definitiva, unha escola que faga uso das Prácticas Restaurativas terá unha disminución importante das tensións e conflictos, do ausentismo, das suspensións e expulsións alén dun incremento no rendemento académico e unha mellora das relacións entre estudantes, e entre escola e familia.


A sesión do 20/12/2023 foi dedicada a facer as presentacións de clase sobre diversos temas relacionados coa materia. Eu escollin “A ensinanza de linguas estranxeiras nos cursos de FP. Nova lexislación e propostas de mellora”. Este tema chamoume a atención desde un principio debido á falta de información que tiña eu sobre os cursos de FP, xa que durante a ESO non nos falaron moito destas opcións.


Foi un pouco complicado traballar este tema xa que había moita ambigüidade nas leis debido a que foron publicadas hai escasos meses. Polo tanto, había leis do plan anterior que non tiña moi claro se seguían en vigor ou se xa foran reemplazadas polas novas leis e en moitos casos a información era confusa xa que non sabía por que lei guiarme. 


Nesta presentación estiven explicando o funcionamento da nova lexislación en canto aos novos grados A-E, xa que, aínda que non tiñan moita conexión co idioma inglés pareceume interesante explicarvos estes grados para que o teñades en conta de cara ao voso futuro profesional. Tamén expliquei o currículum desde a FP básica hasta a superior alén de mencionar a carga horaria segundo o grado de FP e a oferta bilingüe e a internacionalización do sistema. As propostas de mellora que vos expliquei na presentación foron a petición de máis oferta de idiomas, xa que o FP céntrase soamente no inglés; máis carga horaria en FP básica, xa que se imparten escasas horas semanais deste idioma; propoño tamén a posibilidade de escolla de sección bilingüe no FP básico e, finalmente, a posta en práctica dos idiomas no período de prácticas das empresas. Deixovos aquí o enlace á presentación por se vos apetece repasala.


https://www.canva.com/design/DAF2-v_cbyw/N_Pa01jACiQWtPuP-xa5kQ/edit



Moitas gracias por lerme unha semana máis. Espero que vos gustase indagar un pouquiño nas Prácticas Restaurativas e que vos resultase interesante a miña presentación. Moito ánimo coas seguintes asignaturas e vémonos en nada!


Referencias:

Schmitz, J., & Delgado, M. (n.d.). CREANDO ZONAS RESTAURATIVAS PARA UNA CONVIVENCIA SANA Y SEGURA. Retrieved January 8, 2024, from https://www.edu.xunta.gal/centros/iesbarral/?q=system/files/Creando%20zonas%20restaurativas.pdf

luns, 18 de decembro de 2023

TEMA 6 As Programacións Didácticas Vixentes: Sesión 11/12

Benvidas de novo a este pequeno recuncho da asignatura de As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional!! Tristemente esta entrada vai ser a última dentro da parte dos blogs da materia de Gonzalo. Esta entrada está centrada soamente na sesión do día 11 de decembro, xa que ao facer a presentación final con Carla, non me corresponde realizar o blog sobre a última sesión do día 18 de decembro, como teñen que facer outras compañeiras. Imos aló!


Por motivos alleos a min, na primeira parte da sesión estiven ausentada, mais, despois de consultar coas miñas compañeiras e compañeiros, comentaronme o que se tiña feito durante estas dúas primeiras horas. O docente estivo explicando a estructura das oposicións, así como o sistema selectivo e o temario e as fases de dito concurso, entre outros temas. Esta presentación pareceume moi interesante xa que moitas das persoas que están cursando este mestrado van optar por facer as oposicións para profesorado de idiomas e esta información foi bastante relevante. Asemade, foi a primeira vez que nos explicaron este proceso con tanto detalle e detenimento, o cal se agradece, xa que esta información poderemola gardar para usar en canto teñamos a necesidade de consultala. De seguido, o docente fixo unha ronda na que os alumnos e alumnas poidemos facer calquera pregunta que tivesemos en relación ás oposicions, o proceso, o temario ou preguntas semellantes. Pareceume unha boa idea esta ronda de preguntas xa que poidemos resolver cuestións persoais que tiñamos sobre as oposicións e escoitar as dúbidas dos compañeiros e compañeiras. 


Na segunda parte da sesión con Gonzalo, procedimos a ler a tarefa que temos que realizar sobre a creación de programacións e unidades didácticas. A continuación o docente explicou que información se encontra en cada documeno alén de especificar onde podemos encontrar a información necesaria, así como ensinarnos información necesaria en distintos enlaces. Unha vez explicado esto, o docente fixo unha enquisa a través da páxina web chamada menti para elexir o curso co que ibamos a traballar. Persoalmente eu non coñecía esta páxina pero pareceume interesante para implementar nas clases xa que é facil, rápida e bastante intuitiva. 


De seguido, e como en sesións anteriores, os e as alumnas fomos divididas en minigrupos de dúas ou tres persoas cada un para facer un traballo en conxunto. A cada minigrupo foiselle asignado unha parte do traballo e tivemos aproximadamente unha hora para avanzar todo o que poideramos. O meu minigrupo foi con Noelia García Mouriño e adicamonos a facer a concreción dos elementos transversais do currículo. Para facer esto tivemos que buscar onde podiamos encontrar a información e consultar varias veces co docente xa que había partes da actividade que non comprendíamos como facer. A información necesaria eran, por unha parte os elementos transversais e por outra os criterios de avaliación e os contidos. Como toda esta información se atopaba moi esplallada por varios documentos, antes de realizar a concreción pareceunos importante facer unha táboa relacionando os contidos e os criterios de avaliación cos elementos transversais bloque por bloque, deste xeito:




CRITERIO AVALIACIÓN

ELEMENTO TRANSVERSAl 1

CA1.1- CA1.9, CA2.1-CA2.3, CA3.2

ELEMENTO TRANSVERSAl 2


ELEMENTO TRANSVERSAl 3


ELEMENTO TRANSVERSAl 4

CA3.1, CA3.3

ELEMENTO TRANSVERSAl 5





CONTIDOS BLOQUE 1: Comunicación 

ELEMENTOS TRANSVERSAIS

Estratexias e técnicas para a adquisición de autoconfianza. O erro como instrumento de mellora e proposta de reparación. 

1, 5

Estratexias básicas para a planificación, execución, control e reparación da comprensión, a produción e a coprodución de textos orais, escritos e multimodais. 

1

Coñecementos, destrezas e actitudes que permitan detectar e colaborar en actividades de mediación en situacións cotiás sinxelas.

1, 2, 5

Funcións comunicativas básicas adecuadas ao ámbito e ao contexto comunicativo: saudar, despedirse, presentar e presentarse; describir persoas, obxectos e lugares; situar eventos no tempo; situar obxectos, persoas e lugares no espazo; pedir e intercambiar información sobre cuestións cotiás; dar e pedir instrucións e ordes; ofrecer, aceptar e rexeitar axuda, proposicións ou suxestións; expresar parcialmente o gusto ou o interese e emocións básicas; narrar acontecementos pasados, describir situacións presentes e enunciar sucesos futuros; expresar a opinión, a posibilidade, a capacidade, a obriga e a prohibición.

1

Modelos contextuais e xéneros discursivos básicos na comprensión, produción e coprodución de textos orais, escritos e multimodais, breves e sinxelos, literarios e non literarios: características e recoñecemento do contexto (participantes e situación), expectativas xeradas polo contexto; organización e estruturación segundo o xénero, e a función textual.

1

Unidades lingüísticas básicas e significados asociados ás devanditas unidades, tales como expresión da entidade e as súas propiedades, cantidade e calidade, o espazo e as relacións espaciais, o tempo e as relacións temporais, a afirmación, a negación, a interrogación e a exclamación, relacións lóxicas básicas.

1

Léxico de uso común e de interese para o alumnado, relativo á identificación persoal, relacións interpersoais, lugares e contornas próximos, lecer e tempo libre, vida cotiá, saúde e actividade física, vivenda e fogar, clima e contorna natural, tecnoloxías da información e da comunicación.

1, 3

Patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación básicos, e significados e intencións comunicativas xerais asociadas aos devanditos patróns. 

1

Convencións ortográficas básicas e significados e intencións comunicativas asociados aos formatos, patróns e elementos gráficos. 

1

Convencións e estratexias conversacionais básicas, en formato síncrono ou asíncrono, para iniciar, manter e terminar a comunicación, tomar e ceder a palabra, pedir e dar aclaracións e explicacións, reformular, comparar e contrastar, resumir, colaborar, debater etc.

1

Recursos para a aprendizaxe e estratexias básicas de procura de información: dicionarios, libros de consulta, bibliotecas, recursos dixitais e informáticos etc.

1

Identificación da autoría das fontes consultadas e os contidos utilizados.

1

Ferramentas analóxicas e dixitais básicas para a comprensión, produción e coprodución oral, escrita e multimodal; e plataformas virtuais de interacción e colaboración educativa (aulas virtuais, videoconferencias, ferramentas dixitais colaborativas etc.) para a aprendizaxe, a comunicación e o desenvolvemento de proxectos con falantes ou estudantes da lingua estranxeira. 

1, 2, 5



CONTIDOS BLOQUE 2:  Plurilingüismo e reflexión sobre a aprendizaxe

ELEMENTOS TRANSVERSAIS

Estratexias e técnicas para responder eficazmente a unha necesidade comunicativa básica e concreta de forma comprensible, a pesar das limitacións derivadas do nivel de competencia na lingua estranxeira e nas demais linguas do repertorio propio.

1

Estratexias básicas para identificar, organizar, reter, recuperar e utilizar creativamente unidades lingüísticas (léxico, morfosintaxe, patróns sonoros etc.) a partir da comparación das linguas e variedades que conforman o repertorio lingüístico persoal. 

1

Estratexias e ferramentas básicas de autoavaliación e coavaliación, analóxicas e dixitais, individuais e cooperativas.

1, 2

Léxico e expresións de uso común para comprender enunciados sobre a comunicación, a lingua, a aprendizaxe e as ferramentas de comunicación e aprendizaxe (metalinguaxe).

1

Comparación básica entre linguas a partir de elementos da lingua estranxeira e doutras linguas: orixe e parentescos. 

1



CONTIDOS BLOQUE 3:  Interculturalidade

ELEMENTOS TRANSVERSAIS

A lingua estranxeira como medio de comunicación interpersoal e internacional, fonte de información, e como ferramenta para o enriquecemento persoal.

2, 3

Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos a través de diferentes medios con falantes ou estudantes da lingua estranxeira.

2, 3, 5

Aspectos socioculturais e sociolingüísticos básicos relativos á vida cotiá, ás condicións de vida e ás relacións interpersoais; convencións sociais básicas; linguaxe non verbal, cortesía lingüística e etiqueta dixital; cultura, costumes e valores propios de países onde se fala a lingua estranxeira.

2, 3

Estratexias básicas para entender e apreciar a diversidade lingüística, cultural e artística, atendendo a valores ecosociais e democráticos.

3

Estratexias básicas de detección e actuación ante usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal. 

2, 3, 4



Para facer isto, tivemos que ler todos os elementos transversais e ilos comparando cos contidos e cos criterios de avaliación. Unha vez feito isto, pareceunos bastante doado facer a concreción xa que soamente tivemos que buscar na parte da dereita o elemento transversal e organizar e redactar a concreción. O seguinte problema que atopamos foi que había varios elementos transversais para cada contido. Para resolver este problema, decidimos que sería mellor que non repetisemos os contidos. Noutras palabras, se un contido se relaciona con varios elementos, só vai estar concretado nun elemento. Desta maneira evitamos a repetición de contidos, ao mesmo tempo que os mencionamos todos, facendo que a lectura desta concreción se faga máis amena. Como tivemos varias dúbidas sobre a nosa parte do traballo, empezamos a facer a táboa relacionando os contidos e criterios de avaliación coa segunda parte da sesión bastante avanzada. Todo este traballo previo levounos máis tempo do esperado, polo que non poidemos completar o exercicio durante a sesión, ao contrario que moitos outros minigrupos. Polo tanto, tivemos que completar a concreción na casa, causando que subiramos o contido ao documento compartido o domingo 17 de decembro, ao cal vos deixo o enlace aquí.  


Esto foi todo o que fixemos na sesión do día 11/12 co docente Gonzalo. Como en sesións anteriores, gustoume a idea de facer un traballo conxunto en minigrupos no que participe toda a clase, xa que che permite coñecer nova información sobre a programación de xeito comprimido, nun mesmo documento.


Unha vez todo o documento compartido, chegou a hora de facer a Unidade Didáctica. Como levábamos bastante tempo sen facer este tipo de traballos, estaba un pouco perdida, pero despois de ver o modelo que estaba subido a moovi e ver o que fixeron as miñas compañeiras, poiden empezar a facer esta UD. Penso que o que máis tempo me levou foi encontrar os contidos que estivesen adaptados ás miñas actividades e facer os grados mínimos de consecución. Aínda así, creo que conseguin facelos dunha maneira correcta, pero eso deixoo que o vexades pola vosa conta:


https://docs.google.com/document/d/1rSIqAG8Us5xSLbvJkz5k4hjtS7ecpT-dVCTOausgJgU/edit?usp=sharing 


Moitas gracias un día máis por ler esta entrada e lemonos na próxima!!


TEMA 11. A avaliación na aula de linguas estranxeiras

  Benvidas e benvidos a esta última entrada da asignatura de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras. Nesta entrada vouvos falar sob...