venres, 8 de decembro de 2023

Tema 2: As linguas estranxeiras no Contexto Nacional e Internacional

    Ola! Esta entrada de blog está dedicada a todas as persoas que fan ou fixeron estudos de idiomas pero non teñen moi claro que ven sendo eso do MCER, como foi o meu caso antes de cursar a materia de “As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional” con Carla Bouzada. Para ter unha idea xeral do que comprende este documento anímovos a seguir lendo!!


Para comezar, hai que saber a que se refiren estas siglas para saber exactamente de que estamos falando. “Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas: Aprendizaxe, Ensinanza e Avaliación” é o nome completo desas siglas, o que nos pode dar pistas sobre que vamos a tratar. Este documento consiste nunha “base común para a elaboración de programas de linguas, orientacións curriculares, exmes, manuais, etc., en toda Europa” no que explican que teñen que aprender a facer os estudiantes de linguas e que destrezas teñen que desenvolver para poder actuar de maneira eficaz, tendo sempre en conta o contexto cultural no que se sitúa a lingua. Ademáis, especifica os niveis de dominio que permiten comprobar o progreso do alumnado en cada fase da súa aprendizaxe. Ter unha base común para os obxectivos, contidos, metodoloxía etc. permite que todos os cursos sexan homoxéneos en todas as súas partes permitindo así o recoñecemento mútuo das titulacións, o que contribue á posibilidade de mobilidade en Europa. (Consejo de Europa, 2020)


O MCER ten a fin de facilitar a cooperación entre institucións educativas de diversos países, suministrar un fundamento para o recoñecemento de certificados de idiomas e axudar a todos os integrantes da comunidade educativa a coordinar o seu traballo. A utilidade do Marco común de referencia comprende a planificación dos programas de aprendizaxe, dos certificados de linguas, da aprendizaxe independente e dos programas de aprendizaxe e certificacións. Os critierios que debe seguir el MCER son o seguintes: debe ser de finalidade múltipla, polo cal se poida usar cunha ampla variedade de fins; flexible, significando que se poida adaptar o seu uso en diferentes condicións; aberto, para que poida ser ampliado e mellorado; dinámico, fácil de usar e non dogmático (Consejo de Europa, 2020). En canto aos descritores, estes están basados en tres megacategorías: 


  • Atividades comunicativas: expoñen o que pode facer o usuario da lingua sobre a comprensión, a interación e a expresión

  • Estratexias: expoñen o que pode facer o usuario da lingua sobre algunhas estratexias empleadas na realización de actividades comunicativas.

  • Competencias comunicativas: expoñen descriptores para distintos aspectos da competencia lingüística, competencia pragmática e competencia sociolingüística. 




O MCER ten varias peculiaridades á hora de poñerse en práctica, no cal están que non se suxire que se deba deixar de ensinar a gramática ou literatura, ao contrario do que aplican múltiples docentes na ensinanza obligatoria. Alén diso, non hai unha “resposta correcta” ao feito de cal é a mellor maneira de avaliar o progreso dos discentes. Sen embargo, este Marco común si que adopta un enfoque case innovador xa que teñen en conta que os discentes son tanto usuarios da lingua como de axentes sociais, o que crea que a lingua se use como un medio de comunicación máis que como unha materia de estudio. Esto provoca que a aprendizaxe sexa máis profunda e máis motivadora para os discentes, xa que se poden aplicar os seus coñecementos á vida real e ás situacións que se poidan encontrar no día a día. Esto forma parte da metodoloxía do MCER, o cal se centra en que os discentes se poidan expresar en diferentes tarefas. 


Polo tanto, esto implica que o proceso de ensinanza e aprendizaxe está baseado na acción, o cal ten varias consecuencias. Algunhas destas consecuencias son considerar a parte social da aprendizaxe e uso da lingua, en outras palabras, hai que ter en conta a interación entre a parte social e individual do proceso de aprendizaxe. Tamén hai que ter en conta que o feito de que os discentes como usuarios da lingua supón un uso amlo da lingua meta na aula, centrandose máis no feito de aprender a usar a lingua en lugar de aprender só sobre a lingua. Alén, hai que permitir que o alumnado utilice todos os recursos lingüísticos, para que poidan apreciar as similitudes e diferenzas entre as linguas e culturas. Finalmente, este enfoque que está orientado á acción implica que haxan tarefas significativas e colaborativas. 


Espero que este breve resumo dos contidos principais do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas: Aprendizaxe, Ensinanza e Avaliación vos servira para ter unha idea xeral da utilidade, descritores, metodoloxía e criterios entre outros. Este Marco común é crucial para asegurar un “punto medio” para a aprendizaxe e ensino das linguas, o cal beneficia tanto a docentes e discentes como a toda a comunidade educativa de múltiplos países europeos.


Consejo de Europa, (2020). Marco común europeo de referencia para las lenguas: aprendizaje, enseñanza, evaluación. Volumen complementario.

https://www.coe.int/en/web/common-european-framework-reference-languages

Centro Virtual Cervantes, (2002). Marco común europeo de referencia para las lenguas: aprendizaje, enseñanza, evaluación. https://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/marco/default.htm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

TEMA 11. A avaliación na aula de linguas estranxeiras

  Benvidas e benvidos a esta última entrada da asignatura de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras. Nesta entrada vouvos falar sob...