Boas de novo e benvidas a unha nova entrada deste blog! A partir de hoxe imos tratar temas un pouco máis diferentes dos que subía anteriormente xa que cambiamos de asignatura. Comenzamos coa materia de Didáctica da Ensinanza de Linguas Estranxeiras, que ocupará o noso horario ata o 21 de febreiro. Imos aló!
Na primeira sesión desta asignatura, a cal durou 2h, tivemos clase con Gonzalo. Debido a unha falta de organización por parte da UVigo, a aula que lle correspondía á docente Cristina estaba ocupada con outras alumnas, e, polo tanto, decidiron facer unha parte da clase conxunta cos dous grupos. Ao comezo, Gonzalo estivo explicando xunto con Cristina, a organización das súas partes da materia así como o temario e a avaliación. De seguido, procedeu a explicar os diagramas de Venn e repartir os folios para facer un diagrama por nós mesmas en grupos que nos elexisemos. Gustoume que nos deixase elexir as persoas do grupo, xa que a estas alturas do curso xa sabemos con que persoas traballamos mellor, o que falicitou o traballo. Eu traballei con Noelia García Mouriño, Margaret Acevedo Rivero e Alba Rodríguez González.
Decidimos organizarnos da seguinte maneira. Primeiro tivemos uns momentos para pensar de forma individual. De seguido, estivemos poñendo en común as nosas ideas e facendo unha choiva de ideas conxunta. Unha vez as ideas anotadas, estivemolas clasificando en tres categorías, que son “lingua materna”, “lingua estranxeira” e “ambas”, segundo o diagrama de “overlapping circles” que se atopa no documento subido no primeiro tema de moovi. Esto foi o que conseguimos facer entre catro persoas durante o tempo que se nos foi dado para a actividade:
Materna
Inferencia da gramática
Input natural
Paralela ao desenvolvemento da linguaxe
Inferencia da fonética
Carácter necesario e espontáneo
Ambas
Necesidade de escoita
Necesidade de repetición e imitación
Asimilación do vocabulario (por inferencia ou por adquisición)
Visualización do vocabulario
Adquisición da lectoescritura
Instrucción formal, distinta en cada caso
Estranxeira
Adquisición da gramática
Input comprensible
Posterior ao desenvolvemento da linguaxe
Adquisición da fonética
Interlingua e interferencias
Actitude e motivación
Variedade de obxectivos
Posibilidade de fosibilización
Unha vez todos os diagramas feitos, fixemos unha posta en común co resto da clase cas ideas de cada sección máis relevantes de cada grupo. Fomos grupo por grupo decindo dúas características de cada sección, para que cada grupo tivese a oportunidade de participar. Unha vez presentadas as nosas ideas, o docente propuxo facer uns cambios: modificar “Asimilación do vocabulario (por inferencia ou por adquisición)” por “Visualización do vocabulario” e engadir que a instrucción formal que foi posta na categoría de “ambas”, é distinta en cada caso. Estas modificacións están indicadas en negriña na lista anterior. O diagrama resultou da seguinte maneira:
Esta actividade pareceume amena e interesante, sobretodo para a volta ás clases despois das vacacións do nadal, xa que non requería demasiada concentración pola parte do alumnado, o cal se agradece. Despois de compartir o exercicio, estivemos tendo un breve debate sobre a aprendizaxe e adquisición de varias cuestións como os números e as preposicións, sobre as cales o docente propuxo que era a categoría máis complicada para aprender nunha lingua estranxeira, entre outras cousas.
Na seguinte e última sesión, no día 18/01/2024 tratamos o tema das variábles na situación de ensino. Mentras que o docente non chegaba, estivemos facendo en grupos de 4 ou 5 persoas unha choiva de ideas sobre que factores individuais inflúen na aprendizaxe de segundas linguas. Despois de falalo durante uns minutos saíron as seguintes cuestións: a personalidade, o nivel socioeconómico, a percepción da lingua e do nivel do idioma de cada un, a exposición, a necesidade de aprendizaxe e a idade entre moitos outros. De seguido, o docente mostou un mapa conceptual no que se recollen todos os factores que inflúen na aprendizaxe dun idioma.
A continuación o docente estivo explicando dito mapa conceptual e mencionou a Zoltan Dörnyei, un lingüísta británico que creou estratexias motivacionais e automotivadoras. Procedeu a explicar a adquisición de lingua(s) inicial e os diferentes termos que inclúe este termo paraugas.
Procedimos a facer un Placemat en grupos. O meu grupo estivo composto por Margaret Rivero Acevedo, Alba Rodríguez González, Rosalía Martínez Rodríguez e Paula San Millán López. As preguntas que nos tocaron foron: “Un grupo de erasmus de 5 países europeos diferentes saen de festa e teñen que decidir o local onde van ir tomar a primeira copa. Que lingua van usar?” e “Nunha feira de tecnoloxía dixital reúnense comerciais de 6 compañías de Francia, Bélxica, Costa de Marfil e España. En que lingua falarán entre si?”.
O consenso ao que chegamos foi que, na primeira situación, os falantes escollerán o idioma inglés, xa que é o idioma máis coñecido entre as persoas desa idade e debido a que os participantes son de diferentes países e, seguramente falen diferentes idiomas e usen o inglés como lingua franca. Na segunda pregunta, dubidamos se os falantes escollerían o inglés debido ao contexto tecnolóxico dixital, mais concluímos que os participantes falarían en francés, xa que a maioría dos falantes serían de países francófonos. Cando correximos o exercicio, o docente concluíu que na segunda pregunta, dependería moito dos falantes belgas e da Costa de Marfil, xa que nestes países falanse varios idiomas. Sen embargo, o docente conclúe que o idioma de uso sería o inglés. O noso Placemap foi o seguinte:
Cando volvimos do descanso estivemos facendo, de forma individual un exercicio sobre o repertorio lingüístico. Aquí podedes ver o meu traballo:
A partir desto, fixemos unha actividade piramidal, no que nos xuntamos por parellas, en grupos de catro, de oito e, finalmente, toda a clase. Sen embargo, eu non puiden realizar a actividade en parella xa que me levou bastante tempo facer o meu repertorio lingüístico e, polo tanto, paseo directamente ao grupo de catro despois de rematar a miña parte individual.Aquí vos deixo o que fixemos no resto da actividade piramidal, menos o que fixemos a nivel grupo-aula xa que eso podedelo consultar na plataforma de Moovi.
Moitas gracias por lerme un día máis e hasta a próxima!!
Boas Fátima!
ResponderEliminarGraciñas por compartir como viveches ti este tema da materia e contar as túas impresións. Definitivamente concordo contigo en que o diagrama de Venn foi una actividade idónea para a volta do Nadal: non supuxo un esforzo monumental mais fíxonos reflexionar individualmente e grupalmente. En canto a esto último, como ti dixeches, está moi ben que puidéramos escoller nós con quen agruparnos xa que neste punto do curso ben sabemos con quen compartimos dinámicas de traballo, aínda que non hai que esquecer que os grupos heteroxéneos tamén teñen as súas vantaxes.
Doutra banda, considero moi acertado que comentes uns resultados que nós explicamos aínda que despois Gonzalo nos corrixese, xa que cabe a posibilidade de que algún outro lector chegase ao mesmo resultado ca nós e precisase a clarificación que nos proporcionou o docente. Por último tamén me gustaría agradecer que falases brevemente de Zoltan Dörnyei, dado que eu estiven ausente nesta sesión e seguramente investigue máis o seu traballo.
Un saúdo
Noelia