domingo, 11 de febreiro de 2024

Didáctica Tema 3: Estratexias de Comunicación

 Bos días a todas e benvidas a esta nova sección do blog, no que imos falar sobre o realizado nas clases durante o tema 3 que foi impartido por Cristina Rodríguez. 


Ao comezo da súa primeria sesión que tivo lugar o 8/01/2024 comenzamos a falar sobre a mediación, en concreto sobre a mediación no Real Decreto 1041/2017, no Companion Volume do MECR (2020) e no currículo de lingua estranxeira. De seguido fixemos un exercicio de preguntas, no que tiñamos que definir os seguintes termos: mediación, plurilingüismo, o enfoque orientado á acción e a co-construción do significado. Estas son as definicións que conseguimos despois de realizar unha choiva de ideas entre as integrantes do grupo.


A mediación?

  • Intervención comunicativa entre dúas partes para favorecer a comprensión entre elas.  


O plurilingüismo?

  • Manexo de máis de dúas linguas e dos procesos cognitivos que estas comprenden.


O enfoque orientado á acción?

  • Aplicación práctica dos coñecementos e habilidades. Abordaxe centrada na práctica


A co-construción do significado? 

  • Proceso de elaboración conxunta do significado dunha mensaxe ou concepto


Este exercicio estivo entretido, xa que a maioría de nós non tiñamos moita idea do que significaban estes termos e, polo tanto, sirveunos para comezar a aprender temario relacionado coa didáctica, o que é un bo comezo a esta asignatura. Chamoume especial atención o concepto de co-construcción do significado asique estiven investigando un pouco sobre este proceso de aprendizaxe . Deixovos aquí un enlace a unha breve explicación que conta cun esquema que me pareceu útil e interesante. https://www.proqualitas.cl/single-post/la-co-construcci%C3%B3n-en-tiempos-de-aprendizaje


De seguido, a docente explicou os tipos de mediación, no que explicou que hai mediación verbal inter e intra- lingüística. Unha vez explicado todo isto, pideu que nos separásemos en parellas ou trios e que falásemos sobre exemplos nos que tivesemos que facer ou que visemos a alguén facer unha mediación interlingüística ou intralingüística con relación á transmisión de datos, explicación de textos, resumo e explicación de textos e, finalmente, mediación cultural ou de conceptos. 


Este exercicio foi do meu agrado xa que poidemos participar e falar das nosas propias experiencias cara o resto da clase. Ademais, gustoume especialmente porque poidemos escoitar as experiencias dos compañeiros e compañeiras, o que sempre é unha boa oportunidade para coñecelos máis, ao mesmo tempo que aprendemos sobre os distintos tipos de mediación. Finalmente fixemos un exercicio de forma oral para practicar e acabar de asentar os diferentes conceptos sobre os tipos de mediación. Este exercicio consistía en clasificar uns exemplos que espuxo a docente segundo os tipos de mediación. Aínda que foi breve, este exercicio foi interesante para asegurar que controlabamos os coñecementos que foron explicados nesta sesión. 


Na segunda sesión con Cristina, que tivo lugar no día 6/02/2024 estivemos traballando en grupos nun exercicio de mediación. O meu grupo era o número 4 e estiven traballando con Noelia García Mouriño, Margaret Rivero Acevedo e Alba Rodríguez González. A actividade que construímos baséase no seguinte: un grupo de alumnos de Reino Unido veñen ao instituto español e, en parellas (español-inglés) teñen que explicar o contido dunha infografía sobre Cervantes e Shakespeare. Esta actividade ten unha duración de 2 sesións e está destinada a alumnos de 1º Bacharelato, no segundo trimestre. A persoa inglesa debe explicarlle á persoa española a infografía sobre o escritor inglés e a persoa española sobre o español. Cada alumno deberá, ademais, buscar algun “fun fact” sobre o escritor que ten que explicar. Todos os alumnos deben tomar nota do que lles conta a súa parella e sobre o “fun fact” para realizar unha presentación en cada grupo, a nivel grupo-aula sobre o autor contrario. A avaliación consistirá nunha coavaliación e autoavaliación sobre o traballo da súa parella o seu propio traballo coa mediación. Alén, a figura docente avaliará aos discentes na presentación. Todos estes tipos de avaliación faranse a partir dunha rúbrica previamente explicada pola figura docente. 


Despois do descanso, a docente empezou a explicar as actividades de comprensión e os tipos alén de como buscar textos, crear tarefas e poñelas en práctica. Finalmente, a docente estivo explicando a actividade de comprensión oral ou escrita que temos que realizar para o día 15/02/2024 e, despois dunha ronda de preguntas sobre varios temas relacionados con esta parte da asignatura dispuxémonos a comezar dita actividade. 


Na terceira e última sesión sobre o tema 3 que tivo lugar no día 7/02/2024, a docente explicou as actividades de expresión e interacción oral e escrita. Unha vez explicados os contidos, divideunos en grupos de tres e procedemos a facer un exercicio sobre como poñer en práctica as seguintes tarefas: escribir unha recensión, narrar unha experiencia e escribir un correo electrónico. O meu grupo tivo que facer un exercicio sobre como escribir un correo electrónico. A actividade que escollimos foi que o alumnado escriba un correo electrónico ao concello da cidade de Vigo para traer ao seu artista favorito ás festas de Castrelos, como parte do programa de Vigo en Festas. 


Ao terminar este exercicio, estivemos facendo unha choiva de ideas en grupo sobre feedback e corrección, onde tocamos os temas de “poñer notas”, “usar boli vermello”, “corrección de erros”, “cantidade de feedback”, “estructuras alternativas”. As conclusións ás que chegamos foron as seguintes: en canto ao feedback, a figura docente faría dúas columnas (fortalezas e debilidades) arriba, empregando bolígrafo verde. Tamén se daría un maior feedback ás persoas que a profesora considere que máis o precise. A corrección de erros sería sinalando as partes mellorables, con lenda sobre qué significa cada erro (suliñar, rodear…). Esta actividade sirveunos para debater e preguntarnos como sería a mellor maneira de avaliar aos alumnos.


Despois do descanso, a docente enviounos por correo varias páxinas web a diferentes persoas da clase. Tivemos que escoller un exercicio da páxina web que nos tocou e, en grupos de 4 ou 5 tivemos que explicar o exercicio que escollemos ao grupo. A páxina web que me tocou a min foi British Council e escollin a actividade 5 chamada “Write de dialogue”. Esta actividade foi interesante xa que descoñecía estas páxinas web para exercicios de aula, os cales sempre se poden reutilizar cando estemos drenados de creatividade. 


Esto é todo o que fixemos durante as tres sesións que comprendeu o tema 3. Vémonos na próxima e última entrada sobre o tema 11!


3 comentarios:

  1. Ola Fátima!
    Gustoume moito como estruturaches e organizaches a túa entrada e estou de acordo contigo en que ao longo do tema levamos a cabo múltiples actividades interesantes que nos serviron para debater e reflexionar sobre os conceptos explicados.
    A min tamén me chamou a atención o concepto da co-construción do significado porque penso que é imprescindible estimular o traballo en equipo e a aprendizaxe colectiva. Agradezo que nos recomendases o enlace e considero que o esquema que se presenta nel é interesante para entender como se pode estimular a intelixencia colectiva. Está claro que o alumnado debe escoitarse mutuamente, empatizar cos demais, comprender, calibrar, mobilizar e, posteriormente, experimentar e implementar.
    Na miña opinión, a colaboración na construción do significado promove a integración de perspectivas diferentes e a validación de ideas, de xeito que enriquece a comprensión e permite obter unha visión máis completa do tema que se estea traballando.
    Un saúdo,
    Ariadna.

    ResponderEliminar
  2. Moi boas Fátima!

    Grazas por aportar a túa perspectiva sobre o traballado na clase nesta unidade da materia. A min tamén me resultaron entretidos os exercicios que levamos a cabo na aula, xa que puidemos traballar en grupo e partindo das nosas propias experiencias, como no caso da mediación. Paréceme interesante a entrada que engadiches sobre a co-construcción do significado, porque é importante que os estudantes entendan que non hai unha verdade absoluta ou realidade única, senón que a través da cooperación e a multiplicidade de puntos de vista podemos obter unha mellor comprensión do mundo. Parabéns pola túa entrada.

    Unha aperta,
    Noe

    ResponderEliminar
  3. Hola Fátima! Gracias por tu entada, me ha gustado mucho como has organizado todas las actividades y has aportado tu opinión en todas las actividades de aula.
    En especial me ha gustado la actividad que ha propuesto tu grupo, Qué interesante y creativa propuesta de actividad para la mediación! Me parece una forma efectiva de fomentar el trabajo en equipo, el intercambio cultural y el desarrollo de habilidades lingüísticas. Además, la elección de infografías sobre Cervantes y Shakespeare agrega un componente visual y didáctico, enriqueciendo la experiencia de aprendizaje.

    La inclusión de un "fun fact" sobre cada escritor añade un toque divertido y motivador para los estudiantes, incentivándolos a investigar y compartir curiosidades. La evaluación mediante coevaluación, autoevaluación y la evaluación por parte del docente me parece muy completa.
    En general, esta actividad no solo promueve el aprendizaje colaborativo y la mediación, sino que también destaca la importancia de la investigación y la presentación oral. Enhorabuena, me ha gustado mucho! Gracias de nuevo!
    Un saludo,
    Rosalía





    ResponderEliminar

TEMA 11. A avaliación na aula de linguas estranxeiras

  Benvidas e benvidos a esta última entrada da asignatura de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras. Nesta entrada vouvos falar sob...