Bos días a todos e todas e feliz ano novo! Espero que poiderades disfrutar do tempo de relax coa familia, amigos e amigas para recargar pilas e continuar con este mestrado con normalidade.
Na sesión do día 13/12/2023, a docente Carla trouxo a varias exalumnas e compañeiras súas que realizaran o mestrado de profesorado tanto na UVigo como en outras universidades. Estas charlas foron moi interesantes xa que poidemos ver as diferentes saídas que ten este mestrado alén de coñecer da propia man das personas que falaron, a súa experiencia nas oposicións e na súa preparación.
A persoa que máis me chamou a antención foi Tania, xa que consigueu sacar plaza nas oposicións na primeira vez que se presentou, algo que non é moi común entre as persoas que se presentan. Sen embargo, o que máis me chamou a atención foi que mencionara as prácticas restaurativas que implementa ela na aula. Estas prácticas restaurativas tamén son implementadas pola miña titora de prácticas, polo cal me pareceu interesante indagar un pouco neste tema. Imos aló!
A filosofía restauratuiva basease en que a convivencia pode ser mellorada se as persoas se sinten parte dun grupo ou comunidade alén de que poden participar nos asuntos que lles preocupan. O concepto das Prácticas Restaurativas xorde na xustiza restaurativa, pola que se intenta reparar o dano das personas e restablecer as relacións que foron afectadas ao cometer o delito, o que está bastante oposto ao sistema actual no que se castiga ás persoas que infrinxen a lei. As prácticas restaurativas proporcionan métodos de diálogo que serven para prever os conflictos e mellorar o ambiente xeral da aula ao mesmo tempo que se tratan necesidades que os alumnos necesitan suplir, garantindo ao mesmo tempo o respecto dos dereitos das persoas. Este tipo de prácticas baseadas no diálogo axudan non solo a resolver e previr conflictos, senon que tamén a reforzar conexións entre persoas e en toda a comunidade tanto educativa como familiar e profesional.
Este enfoque desenvolve capacidades, valores e comportamentos como o respeto, a responsabilidade e a cooperación, o que causa que se poida axudar aos estudantes a reparar danos que foron causados por outras persoas ou pola sociedade alén de restablecer as relacións entre eles/elas. Un uso regular das Prácticas Restaurativas por parte das personas, docentes e instituacións pode contribuír ao desenvolvemento de comunidades máis sanas e seguras.
As Prácticas Restaurativas son varias e oscilan dependendo da cantidade de persoas e o que se pretenda conseguir (entre outras cousas) e oscilan entre a informalidade e a formalidade. As declaracións afectivas (que podedes encontrar á esquerda nesta táboa) comunican os sentimentos das persoas. O mesmo ocorre cas preguntas afectivas, que permiten ás persoas reflexionar sobre o seu comportamento e como este afecta aos outros. As reunións espontáneas e os grupos e círculos necesitan un pouco máis de preparación, o que contrasta coa reunión formal, que necesita un maior grado de preparación, debido a que canto máis formais sexan as Prácticas Restaurativas, vaise necesitar unha maior preparación, maior cantidade de persoas, maior estructura e máis tempo de acción.
En definitiva, unha escola que faga uso das Prácticas Restaurativas terá unha disminución importante das tensións e conflictos, do ausentismo, das suspensións e expulsións alén dun incremento no rendemento académico e unha mellora das relacións entre estudantes, e entre escola e familia.
A sesión do 20/12/2023 foi dedicada a facer as presentacións de clase sobre diversos temas relacionados coa materia. Eu escollin “A ensinanza de linguas estranxeiras nos cursos de FP. Nova lexislación e propostas de mellora”. Este tema chamoume a atención desde un principio debido á falta de información que tiña eu sobre os cursos de FP, xa que durante a ESO non nos falaron moito destas opcións.
Foi un pouco complicado traballar este tema xa que había moita ambigüidade nas leis debido a que foron publicadas hai escasos meses. Polo tanto, había leis do plan anterior que non tiña moi claro se seguían en vigor ou se xa foran reemplazadas polas novas leis e en moitos casos a información era confusa xa que non sabía por que lei guiarme.
Nesta presentación estiven explicando o funcionamento da nova lexislación en canto aos novos grados A-E, xa que, aínda que non tiñan moita conexión co idioma inglés pareceume interesante explicarvos estes grados para que o teñades en conta de cara ao voso futuro profesional. Tamén expliquei o currículum desde a FP básica hasta a superior alén de mencionar a carga horaria segundo o grado de FP e a oferta bilingüe e a internacionalización do sistema. As propostas de mellora que vos expliquei na presentación foron a petición de máis oferta de idiomas, xa que o FP céntrase soamente no inglés; máis carga horaria en FP básica, xa que se imparten escasas horas semanais deste idioma; propoño tamén a posibilidade de escolla de sección bilingüe no FP básico e, finalmente, a posta en práctica dos idiomas no período de prácticas das empresas. Deixovos aquí o enlace á presentación por se vos apetece repasala.
https://www.canva.com/design/DAF2-v_cbyw/N_Pa01jACiQWtPuP-xa5kQ/edit
Moitas gracias por lerme unha semana máis. Espero que vos gustase indagar un pouquiño nas Prácticas Restaurativas e que vos resultase interesante a miña presentación. Moito ánimo coas seguintes asignaturas e vémonos en nada!
Schmitz, J., & Delgado, M. (n.d.). CREANDO ZONAS RESTAURATIVAS PARA UNA CONVIVENCIA SANA Y SEGURA. Retrieved January 8, 2024, from https://www.edu.xunta.gal/centros/iesbarral/?q=system/files/Creando%20zonas%20restaurativas.pdf
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar